COMPORTAMENTOS SOSTIBLES- VERÁN 2009
ACTIVIDADES NAS PRAIAS DE CANGAS
PARA TODA A FAMILIA
OBXETIVOS
Concienciar a todas as xeracións sobre o uso responsable dos espazos naturais
Acercar á xente aos problemas que hai no noso entorno
Sensibilizar á xente das consecuencias dos nosos hábitos cotidiás
sobre o medio ambiente
Fomentar o sentimento crítico e participativo
Dar a coñecer a fauna e a flora das praias
Convidar a xente de todas as idades a respetar o seu entorno
HORARIO (12.00-14.00)
Todos os sábados de xullo e agosto 2009
Praia de Nerga
4 de xullo 8 de agosto
Praia de Menduiña
11 de xullo 15 de agosto
Praia de Liméns
18 de xullo 22 de agosto
Praia de Areabrava
25 de xullo
Praia de Areamilla
1 e 29 de agosto
Amigos do Morrazo Verde
Páxina web do grupo ecoloxista do morrazo
julio 02, 2009
mayo 16, 2009
abril 27, 2009
Ruta de sendeirismo pola Carballeira de Coiro
Saída e chegada: Mirador do monte Ermelo
Duración: 1 hora e media Distancia: 6 km
Dificultade: fácil Calzado cómodo para camiñar
Día: sábado 16 de maio de 2009 Hora de saída: 10.30 horas da mañán
1º Saída: mirador do monte Ermelo.
2º Por un sendeiro iremos ó monte Paralaia.
3º Baixaremos por unha pista ata a área recreativa do Outeiro do Cruceiro.
4º Da área recreativa tomaremos outro sendeiro que nos conducirá de novo ata ó monte Ermelo.
Descripción da ruta
A cruz de Santiago do monte Ermelo sinala o lugar onde, segundo a tradición, o Apostolo predicou durante a súa visita a estas terras. Desde a cruz hai impresionantes vistas ás rías de Pontevedra e Arousa.
Pasaremos pola igrexa de orixe románico que hai na aldea de Ermelo.
Desde a cruz do Paralaia, hai vistas á ría de Vigo.
Nalgúns tramos o sendeiro está afundido ata dous o tres metros baixo o nivel normal do chan; o paso continuo durante moitos séculos de homes e mulleres polos mesmos sitios foi afundindo o camiño.
A ruta discorre entre carballos e outras árbores (castiñeiros, piñeiros, eucaliptos, ameneiros, pereiras, falsas acacias, acacias e mimosas) e arbustos (xesteiras, codesais, matogueiras de leguminosas espiñentas, cistáceas e ericáceas).
Valores naturais da carballeira de Coiro
Un dos últimos bosques autóctonos que aínda se conservan nas costas de Pontevedra ocupa unha parte de tres parroquias, Ermelo (Bueu), Coiro (Cangas) e Moaña (Moaña); a Xunta de Galicia incluiuno no Inventario de espacios naturais a protexer, porque “polos seus valores ambientais, ecolóxicos, biolóxicos, botánicos, paisaxísticos, científicos, educativos ou recreativos, debe preservarse para a súa protección ou mellora”. Desde súas cumes, o Ermelo que chega ós 411 metros sobre o nivel do mar e o Paralaia de 439 metros, poden contemplarse as rías baixas e as illas, Cies, Ons e Sálvora.
Na carballeira de Coiro viven moitos animais; desde os xabarís, raposos, coellos, ourizos, esquíos e morcegos; ata córvidos como o gaio, a pega e a choia; hai aves rapaces como os miñatos, as curuxas e os mouchos; tamén paxaros como os petos, os ferreiriños, o peto verdeal, o verderolo e o gaveador azul, máis raramente a bubela, e tamén podemos escoita-lo cuco; tamén hai píntegas, cobras de auga, escánceres e lagartos das silveiras, todos eles beneficiosos para o ecosistema.
Na carballeira de Coiro hai carballos, que son as árbores máis xenuinas da paisaxe natural galega, ademáis castiñeiros, piñeiros, eucaliptos, ameneiros, pereiras, falsas acacias e incluso acacias e mimosas; tamén xesteiras, codesais, matogueiras de leguminosas espiñentas, cistáceas e ericáceas.
A extracción de madeira, de leña e a corta case acabou coa Carballeira que, no estado actual, atópase na primeira das etapas para chegar ó bosque clímax. Os bosques non afectados pola intervención humana renóvanse eles mesmos; pero moi poucos bosques están exentos da presencia humana que os degrada máis ou menos intensamente ó impedi-la súa rexeración natural, xa directamente cortando os anovos ou indirectamente alterando o hábitat no que viven.
As leis que protexen este bosque non só establecen a obrigatoriedade de solicitar permisos para corta-los carballos, calquera que sexa o seu tamaño ou a cantidade de madeira; tamén prohíben verter escombros. Non só os amantes da natureza recorren a carballeira, hai deportistas que corren polas súas corredoiras, recolledores de cogumelos e tamén, desgraciadamente, afeccionados ó motocros que ao ir polos sendeiros de terra destrúen o solo e ignoran, consciente ou inconscientemente, a prohibición que lles impide practica-lo seu deporte en espacios non acondicionados para eles.
abril 14, 2009
Ruta de sendeirismo “Cruceiro de Hío-Donón-Praia de Nerga”
Saída: Cruceiro de Hío Chegada: Praia de Nerga
Duración: 2 horas e media Distancia: 8 km
Dificultade: fácil Calzado cómodo para camiñar
Día: 18 de abril de 2009 Hora de saída: 10.30 horas da mañán
Loxística: Os coches déixanse en Hío. Ao final do traxecto un coche grande (estacionado previamente en Nerga) deberá trasladar aos conductores ou conductoras desde Nerga a Hío.
1.Saída: Cruceiro de Hío.
2.Por un sendeiro penetraremos no Espazo Natural Protexido da Costa da Vela polo que chegaremos ao Monte do Facho.
3.Seguiremos ata chegar a Donón, desde onde baixaremos, entre viñedos, ao campo de dunas de Nerga –Barra (Espazo Natural Protexido).
4.Camiñando por un bosque de pinos orientaremonos ata chegar á Praia de Nerga que é a fin do traxecto.
Descripción da ruta
Subimos desde Hío por unha corredoira enlousada de orixe posiblemente medieval; alternamos vistas ás rías de Pontevedra e Vigo.
Seguindo por un sendeiro chegamos ao Monte do Facho. Nos desviamos para contemplar o castro romanizado, cunha garita de pedra no cumio, que foi no século XVII un posto de vixía; desde alí podemos otear o océano Atlántico.
Seguemos ata chegar ao mirador de Donón desde onde divisaremos a impresionante panorámica da costa da Vela, co cabo Home e seu faro ao fondo.
Pasamos por Donón e, entre viñedos baixamos, sen chegar ás praias, ata o campo de dunas de Barra-Nerga.
Por un bosque de pinos chegamos á Praia de Nerga.
Valores naturais do sendeiro
Sairemos do cruceiro de Hío, considerada a obra cumio da arte popular galega.
Andaremos por camiños romanos e medievais.
Camiñaremos polo Espazo Natural Protexido de Nerga-Barra, Cabo de Home e Costa da Vela.
Contemplaremos o Parque Nacional das Illas Atlánticas: as Illas Cíes e as Ons.
Descansaremos no castro romanizado, ao lado dun posto de vixía do século XVII.
Marcharemos por entre a flora característica das dunas.
Pasaremos polo que, probablemente, sexa o bosque de pinos mansos máis importante de toda Galicia.
diciembre 07, 2008
Convocatoria Asamblea Extraordinaria
O presidente da asociación Amigos do Morrazo Verde convoca Asamblea Anual Ordinaria que terá lugar o día 12 de decembro ás 20: 30 horas na casa da cultura de Abelendo (Moaña) coa seguinte orde do día.
1/ Elección e renovación da Xunta directiva de AMV
1/ Elección e renovación da Xunta directiva de AMV
Convocatoria Asamblea Ordinaria
O presidente da asociación Amigos do Morrazo Verde convoca Asamblea Anual Ordinaria que terá lugar o día 12 de decembro ás 19 horas na casa da cultura de Abelendo (Moaña) coa seguinte orde do día.
1/ Informe das actividades realizadas por AMV
2/ Plan de actividades
3/ Estado das contas
4/ Rogos e preguntas
1/ Informe das actividades realizadas por AMV
2/ Plan de actividades
3/ Estado das contas
4/ Rogos e preguntas
octubre 07, 2008
septiembre 23, 2008
Exposición na casa da cultura
Exposición
Comportamentos sostibles
nas praias de Cangas
Casa da Xuventude
1 outubro - 15 outubro, 2008
Exposición de fotos e obxetos ilustrando o traballo de educación medioambiental para familias realizado este verán nas praias de Cangas
Comportamentos sostibles
nas praias de Cangas
Casa da Xuventude
1 outubro - 15 outubro, 2008
Exposición de fotos e obxetos ilustrando o traballo de educación medioambiental para familias realizado este verán nas praias de Cangas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)