Excursión
Sendeirismo pola carballeira de Coiro.
Saida: mirador do monte Ermelo (Bueu)
- Por un sendeiro iremos ó monte paralaia
- Baixaremos por unha pista ata a área recreativa Outeiro do Cruceiro.
- Da área recreativa tomaremos outro sendeiro que nos conducirá ata o monte de Ermelo.
Actividades: Dende a cruz do monte Ermelo, vistas ás rias de Pontevedra e Arousa. A cruz de Santiago do monte Ermelo sinala o lugar onde, según a tradición, o apóstol predicou durante a súa visita a estas terras. Antes de meternos na carballeira pasaremos pola igrexa de orixe románico que hai na al dea de Ermelo. Dende a cruz do Paralaia, vistas a ría de Vigo. Nalgúns tramos o sendeiro está afundido ata dous ou tres metros baixo o nivel normal do chan; o paso continuo durante moitos séculos de homes e mulleres polos memos sitios foi afundindo o camiño. A ruta discurre entre carballos e outras árbores (castañeiros, piñeiros, eucaliptos, ameneiros, pereiras, falsas acacias, acacias e mimosas) e arbustos (xesteiras, codesais, matoguerias de leguminosas, espiñentas, cistáceas e ericáceas)
Sáida e chegada: Mirador de Ermelo (Bueu)
Duración: Unha hora e media.
Dificultade: Fácil.
Calzado cómodo para caminar.
Data: Domingo 28 de maio.
Hora de saida: 11:00
Valores naturais da carballeira de Coiro
Un dos últimos bosques autóctonos que ainda se conservan nas costas de Pontevedra ocupa unha parte de tres parroquias, Ermelo (Bueu), Coiro (Cangas) e Moaña; a Xunta de Galicia incluiuno no Inventario de espacios naturais a protexer porque “polos seus valores ambientais, ecolóxicos, biolóxicos, botánicos, paisaxísticos, científicos, educativos ou recreativos, debe preservarse para a súa protección ou mellora”. Dende as súas cumes, Ermelo, que alcanza os 411 metros sobre o nivel do mar, e o Paralaia, con 439 metros, poden completarse as rías baixas e as illas Cies, Ons e Sálvora.
Na carballeira de Coiro viven moitos animais; dende xabaríns, raposos, coellos, ourizos, esquíos e morcegos; ata córvdos como o gaio, a pega e a choia; hai aves rapaces como os miñatos, as curuxas e os mouchos; tamén páxaros como os petos, os ferreiriños, o peto verdeal, o verderolo e o gaveador azul, máis raramente a bubela, tamén podemos escoita-lo cuco; non son perigosas nin fan mal ás pintegas, as cobras de auga, os escánceres e os lagartos das silveiras.
Na carballeira de Coiro atopamos carballos, que son as árbores máis xenuinas da paisaxe natural galega, ademáis de castiñeiros, piñeiros, eucaliptos, ameneiros, pereiras, falsas acacias e incluso acacias e mimosas; tamén xesteiras, codesais, matogueiras de leguminosas espiñentas, cistáceas e eriáceas.
A extracción da madeira, de leña e a tala case acabou coa Carballeira que, no estado actual, atópase na primeira das etapas para chegar ao bosque climax. Os bosques máis afectados están exentos da presencia humana que os máis ou menos intensamente ao impedi-la súa rexeneración natural, xa directamente cortando a novos ou indirectamente alterando o habitat no que vive.
As leis que protexen este bosque non só establecen a obrigatoriedade de solicitar permisos para tala-los árboles, calquera que sexa o seu tamaño ou a cantidade de madeira; tamén prohiben verter escombros. Non só amantes da natureza recorren a carballeira, hai deportistas que corren polas súas corredoiras, recolledores de cogumelos e tamén, desgraciadamente, afeccionados ao motocross que van polos sendeiros de terra destruindo o solo e ignorando a prohibición que lles impide practica-lo seu deporte en espacios non acondicionados para eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario