abril 16, 2007

Asunto: CONTRA A TORTURA ANIMAL

Dentro duns días, en Coria, unha localidade extremeña, terá lugar como
todos os anos unha das festas mais crueis contra un ser vivo.
Soltan a un touro que corra durante horas, e mentres, polo camiño, os
salvaxes dese lugar crávanlle dardos ao animal.
Máis tarde, cando o animal cae rendido e agonizando, "los valientes"
córtanlle os testículos.

Creouse unha iniciativa que necesita 50.000 sinaturas para evitar esta
animalada.
Se é posible, envia este correo-e aos teus coñecidos para que se
impidan
este tipo de festexos.
Apélase á xente que está en contra da tortura e o salvaxismo e teña un
chisco de sentimentos e respecto á vida dun ser vivo.

Entra e asina

TOURO DE CORIA
Lugar: Coria, Cáceres, España.
Data: entre o 23 e 29 de xuño cada ano.
Segundo a lenda, cada ano polas festas do San Xoán, un mozo escollido
a
sorteo entre os da cidade era corrido polas rúas e defendíase con dúas
navallas -ou puñales- dos ataques dos demais. Case sempre adoitaba
morrer.
Pero un ano tocoulle en sorte ao fillo dunha rica dama do pobo. Esta,
angustiada, cambiouno por un touro, e desde entón, este cruel encerro
é o
centro das festas de Coria.



FESTA TAURINA NON!
O TOUREO, NIN ARTE, NIN DEPORTE, NIN CULTURA: CRUELDADE E TORTURA

1 comentario:

Anónimo dijo...

Aconsellovos ver o seguinte video:
http://www.youtube.com/watch?v=qra80LLXH6U