abril 30, 2008

Alternalia 2008, compre axuda socios!

As xornadas de Biocontrucción organizadas polo IES A Paralia co apoio do Concello de Moaña, pasarán a integrarse nunha gran feira das enerxías renovables e a biocontrucción Alternalia 2008, que terá lugar do 9 ao 11 de Maio no paseo marítimo de Moaña, no contorno da Praza de Abastos.

Nesta actividade participará AMV ofrecendo actividades de difusión e formación.

Necesitamos a axuda dos socios e simpatizantes para a organización. Se estás disposto a colaborar envíanos un correo alectrónico a amorrazoverde@yahoo.es co teu nome e teléfono e poñerémonos en contacto con vos.

No hay comentarios: