Mostrando entradas con la etiqueta nota de prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nota de prensa. Mostrar todas las entradas

junio 07, 2007

Concentración

ESIXIMOS A INMEDIATA POSTA EN LIBERDADE DE BERNARDO BASTIDA

Diante da decisión do xulgado de Ferrol de confirmar a prisión incondicional sen fianza do patrón maior da confraría de mariscadores de Ferrol, a Asociación Pola Defensa da Ría manifesta a súa máis profunda solidariedade con Bernardo Bastida e esixe a súa inmediata posta en liberdade. O “delito” de Bastida é loitar, xunto con milleiros de cidadáns de Ferrol, pola defensa dos recursos naturais da Ría de Ferrol e a seguridade da súa poboación.

A APDR fai un chamamento aos cidadáns de Pontevedra e as organizacións sociais e políticas a apoiar e participar nunha concentración o venres, 8 de xuño, ás 20:30 h. na Praza da Peregrina para esixir a súa inmediata liberdade e manifestar a nosa solidariedade coa xusta loita que está a desenvolver o pobo ferrolán


Foro social

noviembre 04, 2006

APRECIACIÓNS SOBRE A MODIFICACIÓN PUNTUAL DAS NORMAS PARA O SALGUEIRÓN

Na reunión semanal do Foro analizáronse aspectos da noticia da presentación esta semán da proposta de modificación puntual das normas subsidiarias para o ámbito do Salgueirón e se realizaron as seguintes apreciacións que conveñen ser coñecidas polos cidadáns de Cangas:

· O Salgueirón non estaba calificado como zona urbana na entrada en vigor da Lei de Costas de 1988, nin reunía as características esixidas para selo, acceso rodado, subministro de auga potable, electricidade e saneamento. Polo tanto a servidume de protección que lle corresponde é de 100 metros a partires do límite do dominio público marítimo terrestre, ampliable a 200 metros.

· A área natural Cabo Home das Normas Subsidiarias Provinciais de 1990, actualmente en vigor, comprende a costa entre Punta Area Brava e O Salgueirón, incluíndo os terreos da antiga baleeira, polo que a clasificación destes terreos será de Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais, coa prohibición de edificar nela.

· A entrada en vigor da lei de avaliación ambiental de Plans e Programas inclúe especificamente as modificacións menores, polo que esta proposta deberá pasar os correspondentes requisitos de avaliación ambiental e exposición pública.

· No 2004 Cangas era deficitaria en 270.000 m2 de espazos libres. Para absorber ese déficit e o que xenere a edificación actual e a prevista, o planeamento ten que contar co Salgueirón como zona de esparcimento para os habitantes de Cangas. As áreas naturais ou forestais non poden ser espazos libres.

· A liga de fútbol que os nenos dos colexios de Cangas viñan xogando dende sempre no campo de Massó acaba de suprimirse, xa que os propietarios, con Caixanova como accionista maioritario, veñen de prohibir o uso do Campo de Massó para que os nenos xoguen os partidos.

· Caixanova debe trocar a súa política de rapiña con Cangas e ceder O Salgueirón para usos comunitarios. A présa coa que pretenden desenvolver os seus pláns nos terreos de Massó débense a que a medida que pasa o tempo descubrense novas irregularidades que fan cada vez máis inviable o pelotazo urbanístico na zona.

Cangas a 3 de novembro de 2006
FORO SOCIAL DE CANGAS

septiembre 13, 2006

Nota prensa 11/09

A Coordinadora pola defensa do litoral do Morrazo apoia aos veciños e veciñas de Cangas que van enxuizar o próximo 12 de Setembro as 12:30 no Xulgado de Cangas por presuntas coaccións a traballadores da empresa que pretende construir un porto deportivo no Salgueirón, e recomenda a asistencia ao xuizo. O Foro Social de Cangas sostén que esta obra é ilegal e alega que entre outras irregularidades figura vendido como terreo particular unha superficie de 16 mil metros cadrados que en realidade eran recheos de 1949 e polo tanto terreos públicos.

Outro dos asuntos tratados o pasado sábado no Centro Sociocultural de Tirán foi a inclusión da coordinadora na Rede Litoral Vivo, que precisamente se constituiu ese mesmo día en Santiago. Na reunión da capital galega, convocada polo grupo ecoloxista Verdegaia, acordouse crear a rede coa finalidade de manter un contacto permanente entre colectivos que defenden o litoral e mostrar a magnitude do ataque urbanístico xeralizado que está a sofrer o litoral galego.

Participaron na xuntanza de Tirán: Natura Céltica, Loita Verde, Anduxía, Foro social, Amigos do Morrazo Verde, a Confraría de Cangas, e o Colectivo Nacionalista de Marín. Tamén asistiu Voces polo litoral de Teis, colectivo que leva anos denunciando as ilegalidades do porto deportivo da Lagoa construído no barrio vigués.

Defensa do litoral celebrou a súa última reunión o primeiro sábado de setembro. Cada mes rota polos municipios da comarca. A próxima xuntanza será en Bueu o 7 de Outubro.