julio 02, 2009
ACTIVIDADES NAS PRAIAS DE CANGAS
PARA TODA A FAMILIA
OBXETIVOS
Concienciar a todas as xeracións sobre o uso responsable dos espazos naturais
Acercar á xente aos problemas que hai no noso entorno
Sensibilizar á xente das consecuencias dos nosos hábitos cotidiás
sobre o medio ambiente
Fomentar o sentimento crítico e participativo
Dar a coñecer a fauna e a flora das praias
Convidar a xente de todas as idades a respetar o seu entorno
HORARIO (12.00-14.00)
Todos os sábados de xullo e agosto 2009
Praia de Nerga
4 de xullo 8 de agosto
Praia de Menduiña
11 de xullo 15 de agosto
Praia de Liméns
18 de xullo 22 de agosto
Praia de Areabrava
25 de xullo
Praia de Areamilla
1 e 29 de agosto
abril 27, 2009
Ruta de sendeirismo pola Carballeira de Coiro

Saída e chegada: Mirador do monte Ermelo
Duración: 1 hora e media Distancia: 6 km
Dificultade: fácil Calzado cómodo para camiñar
Día: sábado 16 de maio de 2009 Hora de saída: 10.30 horas da mañán
1º Saída: mirador do monte Ermelo.
2º Por un sendeiro iremos ó monte Paralaia.
3º Baixaremos por unha pista ata a área recreativa do Outeiro do Cruceiro.
4º Da área recreativa tomaremos outro sendeiro que nos conducirá de novo ata ó monte Ermelo.
Descripción da ruta
A cruz de Santiago do monte Ermelo sinala o lugar onde, segundo a tradición, o Apostolo predicou durante a súa visita a estas terras. Desde a cruz hai impresionantes vistas ás rías de Pontevedra e Arousa.
Pasaremos pola igrexa de orixe románico que hai na aldea de Ermelo.
Desde a cruz do Paralaia, hai vistas á ría de Vigo.
Nalgúns tramos o sendeiro está afundido ata dous o tres metros baixo o nivel normal do chan; o paso continuo durante moitos séculos de homes e mulleres polos mesmos sitios foi afundindo o camiño.
A ruta discorre entre carballos e outras árbores (castiñeiros, piñeiros, eucaliptos, ameneiros, pereiras, falsas acacias, acacias e mimosas) e arbustos (xesteiras, codesais, matogueiras de leguminosas espiñentas, cistáceas e ericáceas).
Valores naturais da carballeira de Coiro
Un dos últimos bosques autóctonos que aínda se conservan nas costas de Pontevedra ocupa unha parte de tres parroquias, Ermelo (Bueu), Coiro (Cangas) e Moaña (Moaña); a Xunta de Galicia incluiuno no Inventario de espacios naturais a protexer, porque “polos seus valores ambientais, ecolóxicos, biolóxicos, botánicos, paisaxísticos, científicos, educativos ou recreativos, debe preservarse para a súa protección ou mellora”. Desde súas cumes, o Ermelo que chega ós 411 metros sobre o nivel do mar e o Paralaia de 439 metros, poden contemplarse as rías baixas e as illas, Cies, Ons e Sálvora.
Na carballeira de Coiro viven moitos animais; desde os xabarís, raposos, coellos, ourizos, esquíos e morcegos; ata córvidos como o gaio, a pega e a choia; hai aves rapaces como os miñatos, as curuxas e os mouchos; tamén paxaros como os petos, os ferreiriños, o peto verdeal, o verderolo e o gaveador azul, máis raramente a bubela, e tamén podemos escoita-lo cuco; tamén hai píntegas, cobras de auga, escánceres e lagartos das silveiras, todos eles beneficiosos para o ecosistema.
Na carballeira de Coiro hai carballos, que son as árbores máis xenuinas da paisaxe natural galega, ademáis castiñeiros, piñeiros, eucaliptos, ameneiros, pereiras, falsas acacias e incluso acacias e mimosas; tamén xesteiras, codesais, matogueiras de leguminosas espiñentas, cistáceas e ericáceas.
A extracción de madeira, de leña e a corta case acabou coa Carballeira que, no estado actual, atópase na primeira das etapas para chegar ó bosque clímax. Os bosques non afectados pola intervención humana renóvanse eles mesmos; pero moi poucos bosques están exentos da presencia humana que os degrada máis ou menos intensamente ó impedi-la súa rexeración natural, xa directamente cortando os anovos ou indirectamente alterando o hábitat no que viven.
As leis que protexen este bosque non só establecen a obrigatoriedade de solicitar permisos para corta-los carballos, calquera que sexa o seu tamaño ou a cantidade de madeira; tamén prohíben verter escombros. Non só os amantes da natureza recorren a carballeira, hai deportistas que corren polas súas corredoiras, recolledores de cogumelos e tamén, desgraciadamente, afeccionados ó motocros que ao ir polos sendeiros de terra destrúen o solo e ignoran, consciente ou inconscientemente, a prohibición que lles impide practica-lo seu deporte en espacios non acondicionados para eles.
abril 14, 2009
Ruta de sendeirismo “Cruceiro de Hío-Donón-Praia de Nerga”

Saída: Cruceiro de Hío Chegada: Praia de Nerga
Duración: 2 horas e media Distancia: 8 km
Dificultade: fácil Calzado cómodo para camiñar
Día: 18 de abril de 2009 Hora de saída: 10.30 horas da mañán
Loxística: Os coches déixanse en Hío. Ao final do traxecto un coche grande (estacionado previamente en Nerga) deberá trasladar aos conductores ou conductoras desde Nerga a Hío.
1.Saída: Cruceiro de Hío.
2.Por un sendeiro penetraremos no Espazo Natural Protexido da Costa da Vela polo que chegaremos ao Monte do Facho.
3.Seguiremos ata chegar a Donón, desde onde baixaremos, entre viñedos, ao campo de dunas de Nerga –Barra (Espazo Natural Protexido).
4.Camiñando por un bosque de pinos orientaremonos ata chegar á Praia de Nerga que é a fin do traxecto.
Descripción da ruta
Subimos desde Hío por unha corredoira enlousada de orixe posiblemente medieval; alternamos vistas ás rías de Pontevedra e Vigo.
Seguindo por un sendeiro chegamos ao Monte do Facho. Nos desviamos para contemplar o castro romanizado, cunha garita de pedra no cumio, que foi no século XVII un posto de vixía; desde alí podemos otear o océano Atlántico.
Seguemos ata chegar ao mirador de Donón desde onde divisaremos a impresionante panorámica da costa da Vela, co cabo Home e seu faro ao fondo.
Pasamos por Donón e, entre viñedos baixamos, sen chegar ás praias, ata o campo de dunas de Barra-Nerga.
Por un bosque de pinos chegamos á Praia de Nerga.
Valores naturais do sendeiro
Sairemos do cruceiro de Hío, considerada a obra cumio da arte popular galega.
Andaremos por camiños romanos e medievais.
Camiñaremos polo Espazo Natural Protexido de Nerga-Barra, Cabo de Home e Costa da Vela.
Contemplaremos o Parque Nacional das Illas Atlánticas: as Illas Cíes e as Ons.
Descansaremos no castro romanizado, ao lado dun posto de vixía do século XVII.
Marcharemos por entre a flora característica das dunas.
Pasaremos polo que, probablemente, sexa o bosque de pinos mansos máis importante de toda Galicia.
octubre 07, 2008
septiembre 23, 2008
Exposición na casa da cultura
Comportamentos sostibles
nas praias de Cangas
Casa da Xuventude
1 outubro - 15 outubro, 2008
Exposición de fotos e obxetos ilustrando o traballo de educación medioambiental para familias realizado este verán nas praias de Cangas
julio 10, 2008
VERAN 2008

Actividades nas praias de cangas: comportamentos sustibles.
DATAS
Praia de Nerga 5 de xullo e 2 de agosto
Praia de Menduiña 12 de xullo e 9 de agosto
Praia de Liméns 19 de xullo e 16 de agosto
Praia de Areabrava 26 de xullo e 23 de agosto
Praia de Rodeira 30 de agosto. Remate( festiña ecolóxica)
Actividades: 1.Charla sobre uso responsable dos espacios naturais e das consecuencias sobre o medio ambiente dos nosos hábitos cotidiás, dar a coñecer a fauna e a flora das praias, informas sobre tomar o sol saneamente.
2. Identificacion e coñecemento sobre as plantas,algas e animais na praia.
3. Xogos para disfrutar e aprender da praia como ecosistema orixinal e especial
Sendero Cruceiro de Hio-Donon-Praia de Nerga. ¡¡Nova Data!!

Salida:Cruceiro de Hio
Llegada:Praia de Nerga
Duracion:2hrs 3 cuartos
Dificultad:facil
Trae calzado comodo para caminar
Dia: Sabado 19 de xullo
Hora: 18.30
Logistica:Los coches se dejan en Hio. Al final del trayecto un coche grande (estacionado previamente en Nerga) deberá trasladar a los conductores desde Nerga a Hio.
mayo 14, 2008
Charla Vernes 16
CHARLA DEBATE SOBRE O DETERIORO MEDIOAMBIENTAL DA RIA DE VIGO
Presentación audiovisual do traballo SOS Ría de Vigo.
Organiza:
Rede A ría non se vende
abril 30, 2008
Alternalia 2008, compre axuda socios!
Nesta actividade participará AMV ofrecendo actividades de difusión e formación.
Necesitamos a axuda dos socios e simpatizantes para a organización. Se estás disposto a colaborar envíanos un correo alectrónico a amorrazoverde@yahoo.es co teu nome e teléfono e poñerémonos en contacto con vos.
febrero 01, 2008
Natureza e Arte

Día: venres 15 de febreiro
Lugar: Casa da Cultura de Coiro
Hora: 7.30 tarde
Título: Natureza e Arte
Charla de David Middleton, Presidente de AMV, explorando a conexión
entre natureza e arte en xeral, especialmente o uso da natureza como
inspiración para as obras de arte e o seu potencial para o
autocoñecemento. David levará algunha das súas obras para ilustrar a
charla e iniciar un diálogo co público.
marzo 31, 2007
Microorganismos efectivos

Hola, teño a sorte de ser a persoa que está a intentar introducir os Microorganismos Efectivos no Morrazo. O vindeiro 31 de Marzo, faremos unha presentación en Salason da utilidade dos EM e de su apicación no medioambiente e no fogar. Os EM no éun producto, son microorganismos rexeneradores e reequilibrantes. Son capaces de detectar as carencias existente no medio e potenciar os microorganismos capaces de correxilas. Hay moita información en "FUNDASES". Poñedes no Google FUNDASES e vos podedes dar una idea de como se poden utilizar
**********
Fundases
ME en Wikipedia
febrero 26, 2007
I CONCURSO DE IDEAS "PEIXE VERDE" PARA REDUCIR EL GASTO EN ENERGÍA EN BARCOS DE PESCA.
Promovido por: Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía del Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (IDAE), el Ministerio de Educación y Ciencia y por la Fundación para la Investigación, Desarrollo tecnológico e innovación en el sector pesquero de Celeiro (CETPEC).Plazo: 14 de mayo de 2007.
Más información: Web: Peixe Verde . E-mail: ideas@peixeverde.org
noviembre 17, 2006
Rota panorámica pola serra da madalena

25 de Novembro
Saída ás dez da mañá en fronte do IES Montecarrasco
Chegada ás duas da tarde
Percorrido: Altos do Carballiño, Outeiro Agudo e monte Liboreiro. Vistas aéreas das parroquias de Coiro, Cangas, Darbo, Hío, Aldán, Beluso e Bueu e das rías de Vigo, Aldán e Pontevedra, Illas Cíes e Ons.
Recoméndase levar roupa e calzado de trote, prismáticos e CÁMARA FOTOGRÁFICA (farase exposición fotográfica en lugar e data por confirmar)
ORGANIZA:
COORDINADORA POLA DEFENSA DO LITORAL DO MORRAZO
mayo 15, 2006
Sendeirismo en Coiro
Excursión
Sendeirismo pola carballeira de Coiro.
Saida: mirador do monte Ermelo (Bueu)
- Por un sendeiro iremos ó monte paralaia
- Baixaremos por unha pista ata a área recreativa Outeiro do Cruceiro.
- Da área recreativa tomaremos outro sendeiro que nos conducirá ata o monte de Ermelo.
Actividades: Dende a cruz do monte Ermelo, vistas ás rias de Pontevedra e Arousa. A cruz de Santiago do monte Ermelo sinala o lugar onde, según a tradición, o apóstol predicou durante a súa visita a estas terras. Antes de meternos na carballeira pasaremos pola igrexa de orixe románico que hai na al dea de Ermelo. Dende a cruz do Paralaia, vistas a ría de Vigo. Nalgúns tramos o sendeiro está afundido ata dous ou tres metros baixo o nivel normal do chan; o paso continuo durante moitos séculos de homes e mulleres polos memos sitios foi afundindo o camiño. A ruta discurre entre carballos e outras árbores (castañeiros, piñeiros, eucaliptos, ameneiros, pereiras, falsas acacias, acacias e mimosas) e arbustos (xesteiras, codesais, matoguerias de leguminosas, espiñentas, cistáceas e ericáceas)
Sáida e chegada: Mirador de Ermelo (Bueu)
Duración: Unha hora e media.
Dificultade: Fácil.
Calzado cómodo para caminar.
Data: Domingo 28 de maio.
Hora de saida: 11:00
Valores naturais da carballeira de Coiro
Un dos últimos bosques autóctonos que ainda se conservan nas costas de Pontevedra ocupa unha parte de tres parroquias, Ermelo (Bueu), Coiro (Cangas) e Moaña; a Xunta de Galicia incluiuno no Inventario de espacios naturais a protexer porque “polos seus valores ambientais, ecolóxicos, biolóxicos, botánicos, paisaxísticos, científicos, educativos ou recreativos, debe preservarse para a súa protección ou mellora”. Dende as súas cumes, Ermelo, que alcanza os 411 metros sobre o nivel do mar, e o Paralaia, con 439 metros, poden completarse as rías baixas e as illas Cies, Ons e Sálvora.
Na carballeira de Coiro viven moitos animais; dende xabaríns, raposos, coellos, ourizos, esquíos e morcegos; ata córvdos como o gaio, a pega e a choia; hai aves rapaces como os miñatos, as curuxas e os mouchos; tamén páxaros como os petos, os ferreiriños, o peto verdeal, o verderolo e o gaveador azul, máis raramente a bubela, tamén podemos escoita-lo cuco; non son perigosas nin fan mal ás pintegas, as cobras de auga, os escánceres e os lagartos das silveiras.
Na carballeira de Coiro atopamos carballos, que son as árbores máis xenuinas da paisaxe natural galega, ademáis de castiñeiros, piñeiros, eucaliptos, ameneiros, pereiras, falsas acacias e incluso acacias e mimosas; tamén xesteiras, codesais, matogueiras de leguminosas espiñentas, cistáceas e eriáceas.
A extracción da madeira, de leña e a tala case acabou coa Carballeira que, no estado actual, atópase na primeira das etapas para chegar ao bosque climax. Os bosques máis afectados están exentos da presencia humana que os máis ou menos intensamente ao impedi-la súa rexeneración natural, xa directamente cortando a novos ou indirectamente alterando o habitat no que vive.
As leis que protexen este bosque non só establecen a obrigatoriedade de solicitar permisos para tala-los árboles, calquera que sexa o seu tamaño ou a cantidade de madeira; tamén prohiben verter escombros. Non só amantes da natureza recorren a carballeira, hai deportistas que corren polas súas corredoiras, recolledores de cogumelos e tamén, desgraciadamente, afeccionados ao motocross que van polos sendeiros de terra destruindo o solo e ignorando a prohibición que lles impide practica-lo seu deporte en espacios non acondicionados para eles.
