abril 14, 2009

Ruta de sendeirismo “Cruceiro de Hío-Donón-Praia de Nerga”





Saída: Cruceiro de Hío Chegada: Praia de Nerga
Duración: 2 horas e media Distancia: 8 km
Dificultade: fácil Calzado cómodo para camiñar
Día: 18 de abril de 2009 Hora de saída: 10.30 horas da mañán

Loxística: Os coches déixanse en Hío. Ao final do traxecto un coche grande (estacionado previamente en Nerga) deberá trasladar aos conductores ou conductoras desde Nerga a Hío.


1.Saída: Cruceiro de Hío.
2.Por un sendeiro penetraremos no Espazo Natural Protexido da Costa da Vela polo que chegaremos ao Monte do Facho.
3.Seguiremos ata chegar a Donón, desde onde baixaremos, entre viñedos, ao campo de dunas de Nerga –Barra (Espazo Natural Protexido).
4.Camiñando por un bosque de pinos orientaremonos ata chegar á Praia de Nerga que é a fin do traxecto.

Descripción da ruta
Subimos desde Hío por unha corredoira enlousada de orixe posiblemente medieval; alternamos vistas ás rías de Pontevedra e Vigo.
Seguindo por un sendeiro chegamos ao Monte do Facho. Nos desviamos para contemplar o castro romanizado, cunha garita de pedra no cumio, que foi no século XVII un posto de vixía; desde alí podemos otear o océano Atlántico.
Seguemos ata chegar ao mirador de Donón desde onde divisaremos a impresionante panorámica da costa da Vela, co cabo Home e seu faro ao fondo.
Pasamos por Donón e, entre viñedos baixamos, sen chegar ás praias, ata o campo de dunas de Barra-Nerga.
Por un bosque de pinos chegamos á Praia de Nerga.

Valores naturais do sendeiro
Sairemos do cruceiro de Hío, considerada a obra cumio da arte popular galega.
Andaremos por camiños romanos e medievais.
Camiñaremos polo Espazo Natural Protexido de Nerga-Barra, Cabo de Home e Costa da Vela.
Contemplaremos o Parque Nacional das Illas Atlánticas: as Illas Cíes e as Ons.
Descansaremos no castro romanizado, ao lado dun posto de vixía do século XVII.
Marcharemos por entre a flora característica das dunas.
Pasaremos polo que, probablemente, sexa o bosque de pinos mansos máis importante de toda Galicia.

No hay comentarios: